Presentación do libro Estudo sobre o comportamento das lousas de compresión litostática, fronte ás accións ambientais de xeo/desxeo e de ciclos térmicos, a cargo do seu autor, Fernando López González-Mesones. O acto terá lugar o vindeiro mércores 19 de outubro, ás 12:00 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1).

 

Na presentación contaremos coa intervención do arquitecto Carlos Quintáns Eiras, comisario do pavillón de España na Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia 2016, que impartirá a ponencia Arquitecturas de Pizarra.