Adjuntem informació de la Jornada sobre murs verticals y cobertes organitzada entre d’altres per AGAEXAR que es celebrarà a Allariz el 19 d’octubre.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) organizan o vindeiro 19 de outubro as “II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas” en Allariz (Ourense).

A temática das II Xornadas de Xardinería versará sobre “Paredes verticais e cubertas axardinadas”, e traerá a relatores de recoñecido prestixio sobra a materia. Os relatores españois serán Dani Lacueva Falcó (Director Técnico de Babilon S.L, e Vicepresidente de ASESCUVE) e Enric Sancho (Director Técnico de Cultidelta S.L.). Os relatores procedentes de Portugal serán Rui Reis (Arquitecto Paisajista), Filipa Mateus De Almeida (Enxeñeira Agrónoma) e Paulo Palha (Enxeñeiro Agrónomo).

O programa das II Xornadas é o seguinte:
11.00. Recepción dos participantes.
11.15. Inauguración institucional, a cargo de Xosé Lago, Diretor da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, AECT, e representantes da Xunta de Galicia e da Comissao de Coordenacao e Desenvolvimento Regional – Norte (CCDR-N)
11.30. Beneficios dos xardíns verticais e cubertas axardinadas no ámbito urbano; por Dani Lacueva Falcó, Director Técnico de Babilon S.L
12.00. COFFEE BREAK
12.30. Sistemas Ecolóxicos en Sistemas de Cubertas e planos verticais, tendencias ou necesidade?; a cargo de Rui Reis, Arquiteto Paisagista
13.00. Coberturas e Paredes Vivas; por Filipa Mateus De Almeida, Engenheira Agrónoma
13.30. Criterios para a selección de especies en cubertas vexetais, por Enric Sancho, Director Técnico de Cultidelta S.L.
14.00. Coberturas verdes e os seus benefícios, a cargo de Paulo Palha, Engenheiro Agrónomo.
14.30. Comida.
15.30. Paseo do río Arnoia e visita o Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Esta acción que terá lugar no mes de outubro é financiada polo INTERREG VA España-Portugal.
As prazas son limitadas e debe confirmarse asistencia. Para inscribirse as Xornadas, deben contactar con Agaexar a través do teléfono 658 081 269 ou do correo electrónico info@agaexar.gal

 

Más información: http://www.gremijardineria.cat/2018/09/18/ii-xornadas-de-xardineria-galaico-portuguesas-paredes-verticais-e-cubertas-axardinadas/