Dende o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense temos a honra de comunicarvos que:
O pasado 6 de outubro entregáronse os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 organizados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, cuxo acto se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
No apartado de premio especial á traxectoria profesional na categoría de Aparellador ou Arquitecto Técnico, recibiu o premio D. CARLOS JORRETO VEIGA, ourensano e colexiado do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense, dende o ano 1973.
Remitimos os enlaces vinculados á web do Consello Galego da Arquitectura Técnica: