Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), e dentro da campaña PENSA EN CIRCULAR, estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da prevención dos residuos no ámbito industrial.

Para acadar os obxectivos do Programa de Prevención contémplase as seguintes accións:

  1. RECOMPILACIÓN DE INFORMACIÓN

Coa finalidade de dispor de información actualizada sobre a prevención de residuos industriais por parte dos distintos axentes implicados, solicitamos a súa colaboración contestando a unha breve enquisa. Prema segundo sexa o caso.

  1. GRUPOS DE TRABALLO

Particularmente neste caso, e coa finalidade de mellorar a información dos axentes implicados na prevención dos Residuos Industriais, dende esta Dirección Xeral convidámolo a participar nalgunha das xornadas previstas, das que a continuación indicamos datas e lugares:

  • RESIDUOS AGRARIOS. 22/03/2019. Lugo. Confederación de Empresarios de Lugo.
  • RESIDUOS DA MINERÍA E DA METALURXIA. 27/03/2019. Ferrol. Asociación de industrias metalúrxicas de Galicia (ASIME)
  • EXCEDENTES ALIMENTARIOS. 29/03/2019. Lugo. Confederación de Empresarios de Lugo.
  • LODOS DE DEPURACIÓN. 3/04/2019. Boiro. (Pendente de confirmación localización).
  • RESIDUOS SANITARIOS. 4/04/2019. Santiago. Confederación de empresarios.
  • RESIDUOS DO SECTOR TEXTIL. 5/04/2019. Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel.
  • RESIDUOS DO SECTOR AUTOMOCIÓN. 10/04/2019. Vigo. Asociación de industrias metalúrxicas de Galicia (ASIME)
  • RESIDUOS DA CONSTRUCIÓN E DEMOLICIÓN. 25/04/2019. A Coruña. (Pendente de confirmación localización).

O obxecto dos grupos é:

  1. Analizar a situación actual dos principais sectores industriais en canto a produción de residuos.
  2. Analizar as barreiras existentes que impiden ou dificultan acadar os obxectivos de redución de residuos e a adecuación ás medidas previstas no PRIGA.
  3. Realización de grupos de traballo nos que se abordarán experiencias en actuacións levadas á práctica na prevención dos residuos e os logros acadados.

O enfoque dos grupos será eminentemente práctico, empezando cunha breve presentación do programa, que dará paso a intervención de distintos axentes (empresas, xestores, universidad, Administración) que nos falarán da súas experiencias. Por último abrirase un debate entre as persoas que asistan. (Para ver o programa das xornadas prema aquí.)

Co fin de favorecer a organización do evento, prégase confirmación de asistencia a través da seguinte ligazón.

As persoas inscritas serán contactadas posteriormente para confirmar a súa asistencia.

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal.

  1. XORNADA DE PRESENTACIÓN

No mes de xullo, celebraremos en Santiago de Compostela unha xornada aberta onde se farán públicos os resultados obtidos.