Teño o gusto de convidalo ás XI Xornadas Técnicas promovidas pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) en colaboración coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social – Consellería de Traballo e Benestar, que terá lugar na provincia de Ourense, seguindo os pasos iniciados no 2005.
A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, como representante do Sector da Construcción da Provincia, considera de gran interese informar este ano das sancións e infraccións máis frecuentes segundo a inspección de contrucción e a súa influencia na accidentabilidade laboral.Contaremos para a realización destas xornadas coa colaboración da Inspección do Traballo e con Técnicos Especialistas en PRL, que nos axudarán e responderán a calquera dúbida que se presente co fin de diminuír o risco de accidentes e eliminar as sancións na medida do posible.

VERÍN
Data: Martes, 13 de setembro de 2016
Horario: De 19:15 a 20:30
Lugar: Asociación de Empresarios de Verín (AEVER)
Dirección: C/ Doctor Pedro González, 5, bajo. VERÍN

OURENSE
Data: Mércores, 14 de setembro de 2016
Horario: De 19:15 a 20:30
Lugar: Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO)
Dirección: Rúa Padilla, 1-3. Ourense.

O BARCO DE VALDEORRAS
Data: Xoves, 15 de setembro de 2016
Horario: De 19:15 a 20:30
Lugar: Salón de Actos do Edificio de Usos Múltiples.
Dirección: Praza do Concello. O Barco de Valdeorras

PROGRAMA DAS XORNADAS

19:15 Presentación da xornada:

CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NO SECTOR DA CONSTRUCCIÓN, A SÚA INFLUENCIA NA ACCIDENTABILIDADE LABORAL.

– Condicións materiais en prevención de riscos laborais.
– Integración da prevención en obras de construcción: obras sen proxecto/comunidades de propietarios.
– Accidentes de traballo no sector da construcción na provincia de Ourense.

Relator: D. Daniel Lima Gómez, Técnico en PRL, especialista en construcción.

O INSTRUSISMO E A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO ÁMBITO DA RESPONSABILIDADE SOCIAL DA EMPRESA (RSE)

Relator: Dna. Beatriz González Méndez, Técnico en PRL, especialista en construcción.

OBRIGAS PREVENTIVAS DOS AXENTES INTERVINTES NO SECTOR.
(Empresarios, Traballadores, Coordinadores, Etc.).

Relator: Dna. Pilar Sánchez-Cuervo Peña, Xefa de Inspección de Traballo de Ourense.

20:15 Rogos e preguntas

20:30 Clausura

Inscaripcion   335Ficha Inscripción XI Xornadas Técnicas -Prevención de Riscos Laborais-.pdf