Segundo comunicación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia:
Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidámolo á participar no seguinte webinar, que forma parte da nosa programación formativa para o ano 2022 e que agardamos sexa do seu interese.
Ligazón á información do webinar
Nesta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración co Instituto de Biomecánica (IBV), buscamos xerar ferramentas para mellorar os procesos de deseño de produtos e servizos baseados na interacción coa persoa, combinando o modelado biomecánico e a intelixencia artificial para converter a caracterización biomecánica nun proceso máis eficiente e áxil.
A súa aplicación será de gran utilidade na avaliación e deseño de postos de traballo, desde o punto de vista da ergonomía, e na mellora da calidade asistencial e a xestión de recursos no ámbito sociosanitario e clínico naqueles procesos nos que a valoración funcional é clave.